MARÍA PITA 2018 | Concierto de Cuarta Xusta

Cuándo: Martes, 14 de agosto | 22:00
Precio: 0€
Entradas:

Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aínda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non había nin baixo nin batería. 

Foi a partires deste momento cando o grupo comeza a traballar para compoñer temas propios que parten das inquedanzas que afectan á nosa sociedade e sempre na nosa lingua. Ademais disto, tamén comezaron os cambios a nivel instrumental introducindo xa batería. Durante o 2016, a banda actuou en diversos eventos e lugares como poden ser o I Oktoberfest de Melide ou o concerto no IV Campamento Musical de Agolada. Xa a finais deste mesmo ano prodúcese outro gran cambio a nivel instrumental coa introdución de baixo e cambiando as guitarras acústicas polas eléctricas. 

No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este foi presentado o 10 de marzo e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.