Minuto de silencio contra as violencias machistas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 14:00 / Etiquetas: concello da coruña

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, membros da Corporación municipal, traballadoras e traballadores municipais gardaron esta mañá un minuto de silencio na praza de María Pita para expresar o seu rexeitamento ás violencias machistas, despois do último asasinato machista, perpetrado onte no Porriño.

"Cómpre un cambio total, cultural e social, para loitar contra as violencias machistas", aseverou a edil Rocío Fraga ao finalizar o acto. Ante os medios, a responsable da Concellaría de Igualdade e Diversidade pediu ao Goberno do Estado que leve ao primeiro plano o Pacto de Estado , "e que dote aos Concellos de máis recursos dos que foron asignados nos últimos orzamentos xerais para poder combater, desde os municipios, as violencias machistas".