NO IMPORTA | As pegadas do cárcere de Carabanchel

Cuándo: Do 15 de novembro ó 1 de decembro
Dónde:
Precio: 0€
Entradas:

O cárcere de Carabanchel é un símbolo da represión da ditadura franquista. Por ela pasaron miles de antisfascistas, represaliados polas súas ideas políticas ou pola súa orientación sexual. As condición de vida entre os muros era de terror. Trala morte do ditador e das sucesivas amnistías dos chamados presos políticos, os que quedaron encarcelados sentíronse discriminados xa que tamén foran vítimas do réxime e das leis fascistas. Organizáronse en torno á COPEL e protagonizaron unha intensa loita reclamando a liberdade e un cambio radical no sistema penal e penitenciario.

O cárcere pechou en 1998 e quedou abandoada. Foi derrubada en outubro de 2008.

As fotografías de Bernad tomáronse en novembro de 1998, apenas unha semana despois do traslado dos presos de Carabanchel a outras prisións. As pegadas do lugar evidéncianse na súa obra.

Clemente Bernad (Pamplona/Iruñe, 1963). Licenciado en Belas Artes (UCB). Fotógrafo e cineasta documentalista dende 1986, cun forte interés polas temáticas sociais e políticas dentro do seu entorno cultural máis cercano. Entre os seus traballos destacan Jornaleros, Mujeres sin tierra, Pobres de nosotros, Canopus, o libro e a película documental El sueño de Malika, Basque chronicles, sobre o conflicto político de Euskal Herria, y Donde habita el recuerdo, sobre as exhumacións das fosas da guerra civil española. Na actualidade traballa sobre a presente situación sociopolítica e desenrola a súa actividade como profesional independente, nun amplo sentido do término.

 

| FICHA TÉCNICA |

Exposición desde 15 de novembro ata o 1 de decembro

Horario: de 17:30h ás 20:30h

Inauguración : mércores 15 de novembro ás 20h coa presentación do fotógrafo Xoan Piñón e a

actuación do cantautor Tato López

Clausura: o venres 1 de decembro coa presenza do autor Clemente Bernad