NO IMPORTA | Dúo Camándula

Cuándo: Mércores, 6 de setembro | 21:00
Dónde:
Precio: 3€
Entradas:

No NO IMPORTA, taller creativo, se retoman os #miercolescanalla coa presenza do dúo Camándula, violín e acordeón. O primeiro será o mércores, 6 de setembro.

O dúo Camándula xurde no ano 2002 aproximadamente, de forma natural e case espontánea.

Nuria Naya (Arteixo, 1986) e Víctor Iglesias (Arteixo, 1976) levaban xa 5 ou 6 anos coincidindo en diversas formacións como a Banda de Gaitas Artaigo ou a Asociación Folclórica Xuntanza.

Nestes anos, a música xurdía dende a didáctica. O feito de interpretar unhas pezas ou outras respondía ás limitadas posibilidades técnicas duns rapaces que estaban aprendendo a tocar o seu instrumento: o violín, no caso de Nuria, e o acordeón no caso de Víctor. Aquí foron adquirindo a experiencia escénica que non lles podían proporcionar os estudos académicos nos conservatorios.

Despóis de colaborar en varias gravacións e directos alleos, tales como o de Mercedes Peón ou Silvia Penide, deciden darlle saída á súa propia idea: ”Camándula: música viva ao vivo”.

A través dun repertorio ecléctico, buscan a complicidade do público sen recurrir a xogos de luces nen malabarismos. A súa pretensión non é outra que disfrutar tocando e transmitir ó auditorio as emocións da música.

 

Ficha técnica:
'Dúo Camándula'
Nuria Naya (violín) e Víctor Iglesias (acordeón)