Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña: “Recoñezo o valor histórico da Constitución, pero creo que está lonxe de ser un texto sacralizado desde o punto de vista do ano 2016”

Imagen de María García
Autor: María García / Fecha: Mié, 20/07/2016 - 22:35 / Etiquetas: alcalde da coruña, xulio ferreiro, constitucion, congreso
O alcalde da Coruña afirma que como moito estará oito anos en politica para voltar a docencia.

Ten 41 anos, pero a primeira impresión é a dunha persoa moito máis nova. Quizais pola súa cara ou polo feito de que ten un corpo miúdo. Pese a iso o que máis me chama a atención do alcalde da Coruña son os seus ollos cheos de vida que amosan unha persoa intelixente, desperta e cercana, lonxe do estereotipo de político inaccesible.
Pai de dous fillos, profesor de Dereito na Universidade da Coruña e Maxistrado suplente en Lugo, Ferreiro non se adica á política por necesidade senón porque quere cambiar as cousas. Iso si, deixa ven claro que ésta é unha etapa apaixonante na súa vida, pero que non entende a aqueles que levan toda a vida na política. Imos coñecer de preto a Xulio Ferreiro, o alcalde que chegou arrastrado pola marea…

P: ¿Quén é Xulio Ferreiro?

R: Xulio Ferreiro é un profesor de Universidade, un pai de familia que hai un ano e medio decidiu poñerlle cara a un proceso político complexo, ilusionante e colectivo como era A Marea Atlántica. Tiven a oportunidade de encabezar a candidatura a alcaldía da Coruña que non sei se, con tan boa o mala sorte, (a estas alturas eu creo que boa), obter un resultado espectacular.

P: Persoas que o coñeceron de pequeno lembran que era un rapaz tímido.

R: Iso é certo. A min o carácter me cambiou, Creo que son más aberto que cando era neno, pero non son unha persoa moi faladora. Creo que me gusta máis escoitar que falar. Creo.

P: Vostede é profesor de Universidade da Coruña, maxistrado. ¿Qué necesidade tiña de meterse en política?

R: En termos de calidade de vida é evidente que era mellor antes. Agora ben, eu creo que a situación que vivíamos, e seguimos vivindo, requiría de dar moitos pasos adiante. Moita xente deu un paso adiante cando ocupou as prazas o 15-M e dixo que había que facer outra cousa. Outros, decidimos dar un paso adiante no espazo político, creando A Marea e me involucrei desde o primeiro día porque pensaba que era necesario para cambiar o estado de cousas. Cando un ten que asumir unha responsabilidade e se lle pide que asuma esa responsabilidade porque os compañeiros/as entenden que é a persoa que reúne certas condicións para encabezar esa lista, se un di que non porque está máis cómodo coa vida que leva pois creo que é unha falta de compromiso real por intentar mellorar un pouquiño as cousas. Polo tanto, necesidade non había, pero si había sentido da responsabilidade.

P: ¿Cal é a valoración que fai deste ano e pico ao fronte do Goberno, tanto dende o punto de vista político como persoal?

R: A nivel persoal afortunadamente teño unha familia que o está entendendo bastante ben e que dentro das dificultades o leva ben. Os fillos non o entenden tanto porque o único que ven e que antes estaba máis horas con eles, pero aínda así entenden que o seu pai está facendo algo importante. Polo demais eu me atopo satisfeito co realizado durante este ano. Evidentemente, sempre a un lle gustaría ir máis lonxe, facer máis cousas, mellor… pero nun ano de goberno, coas circunstancias nas que entramos e nas que estamos…creo que o balance é moderadamente positivo. Estou moi orgulloso de ser o alcalde da cidade onde nacín, onde me criei e vivín, practicamente, toda a miña vida.

P: Algunhas voces o tachan de ser un alcalde inaccesible, hermético, que non atende os cidadáns…

R: ¡Qué va! Eu teño reunións coa xente tódolos días é evidentemente nunca alcanzan as horas do día para reunirte con todas as persoas que queren, e que queres coñecer. Eu vou pola rúa e falo con todo o mundo. Neste ano as dúas frases que máis escoitei foron “Nunca me recibiu un alcalde, ou nunca un alcalde estivo aquí”. As veces, por unha cuestión de axenda, os remito a un concelleiro/a para que os atendan antes. Creo que non hai ninguén que pedise ser recibido por min que non fose atendido, ou por un concelleiro/a. A ninguén se lle dixo neste Concello non queremos reunirnos con vos.

P: ¿De qué xeito valora a irrupción na esfera política de partidos como Podemos ou As Mareas?

R: Había un descontento enorme cos partidos políticos tradicionais. E desde logo a corrupción tamén tivo algo que ver en todo isto. Se a isto lle unimos o empeoramento das condicións de vida había unha necesidade de explorar algo novo e aquí no caso das Mareas, e no caso da Coruña, creo que é evidente. Éramos xente normal que saiamos das súas casas e que dixo imos a facer isto mellor que eles.

P: O martes constituíuse a Mesa do Congreso. A xura da Constitución pola banda dos deputados de Podemos foi moi criticada.

R: Eu creo que as promesas da Constitución se están convertendo nun xénero literario. Hai moita xente que, respetando o que pasou na Transición, considera que este texto constitucional hoxe é insuficiente, en moitas cousas é papel mollado. Iso provoca desafección con este texto, recoñecéndolle o seu valor histórico e o papel que xogou na Transición, pero que está lonxe de ser sacralizado desde o punto de vista do 2016.

P: Considera que agora falla diálogo entre as forzas políticas para acadar un consenso e investir un Presidente de Goberno.

R: Non sei se quere dialogar ou non. Eu creo que despois das eleccións de decembro foi unha oportunidade perdida. Era doado acadar unha maioría alternativa o PP, e sobre todo unha maioría para facer políticas sociais. Eu non quero repartir porcentaxes de responsabilidade, pero creo que houbo unha persoa que se presentou como candidato a Presidencia do Goberno non soubo escoitar esa maioría que tiña o seu redor. Era doado que se fixeran os movementos correctos. Considero que non estivo ben ir buscar os votos dun partido que ten pouco que ver co resto de partidos que pretenden que te apoien. Pola esquerda, eu creo que tiña recorrido iso se non estivese tamén esa demonización dos partidos nacionalistas que fixo Pedro Sánchez e o PSOE.  Iso faime dubidar de que realmente houbese gañas de chegar a unha maioría social por parte do PSOE.

P: Chegaremos a unhas terceiras eleccións. ¿Qué vaticina vostede?

R: Eu non vaticino nada. A min me gustaría que houbese unha alternativa ao PP. Creo que é posible que as forzas de esquerdas conciten mais votos que o PP, pero non sei se as forzas políticas están dispostas, pero creo que é necesario.

P: ¿Qué proxectos políticos agarda?

R: Non teño ningunha aspiración política, pero é difícil dicilo cando estou aquí. Non o planifiquei, pero unha vez que me presentei quería gañar. O único que quero é contribuír, poñer o meu granito de area e que a maioría da xente viva mellor do que vive. Esa é a miña única aspiración política. Podo facelo como alcalde, nestes catro anos, ou nun máximo de oito. A partir de alí, o natural sería voltar o meu traballo anterior. Iso foi unha paréntese na miña vida, moi gratificante e emocionante. Me custa moito entender a xente que leva 30 anos en política. Iso é o que penso agora.