O Concello inicia hoxe os traballos para formar a duna de prevención de Riazor de cara á tempada invernal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 22/10/2018 - 08:31 /

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto iniciar hoy, na praia de Riazor, os traballos para formar a duna de contención que se coloca cada outono no areal como barreira de protección do Paseo Marítimo ante o inicio dos meses máis fríos, nos que se prevén condicións meteorolóxicas adversas. A duna ten como finalidade evitar que os temporais que entre o outono e a primavera afectan ao litoral coruñés prexudiquen o menos posible á circulación peonil e ao tráfico do Paseo, de cara a previr situacións de risco.

A actuación comezará mañá, coincidindo coa baixamar. Os servizos municipais mobilizarán na praia dúas máquinas bulldozer para realizar os traballos, que teñen unha duración estimada de catro ou cinco días, de xeito que a barreira de áridos quedará instalada antes da fin de semana.