O goberno local renovará as pasarelas que conectan as estacións de autobuses e ferrocarril

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 02/01/2019 - 19:15 /

A goberno local vén de adxudicar as obras de reparación do sistema de pasarelas que conectan as estacións de autobuses e ferrocarril e os seus barrios e que mellorarán o estado tanto da estrutura das pontes, como do chan e doutros elementos das mesmas. A actuación de reparación dos pasos elevados entre as rúas Cabaleiros, Marqués de Figueroa e Bella Avenida, que ten un prazo de execución de catro meses e un importe de adxudicación de 40.980,56 euros, comezará unha vez a empresa tramite os correspondentes permisos do Ministerio de Fomento, xa que a pasarela cruza sobre unha vía da súa titularidade.

Na intervención levaranse a cabo a limpeza das estruturas metálicas dos pasos e as varandas, nas que se eliminarán os óxidos e os focos de corrosións antes de proceder ao seu repintado. Tamén se substituirán en ambas os elementos que se atopen deteriorados. A actuación ten como mellora máis salientable a renovación do chan das pasarelas, nas que se instalará un novo pavimento antiesvaradío e axeitado ás condicións de tránsito das mesmas, cun elevado movemento de persoas con equipaxe, ao conectar a estación ferroviaria coa de autobuses. Durante a realización das obras será preciso o corte dun carril na avenida de Lavedra, que se fará de maneira preferente en horario nocturno.