Recepción aos participantes nun simposio internacional

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 16/05/2018 - 11:32 / Etiquetas: Concello da Coruña Terrenos Portuarios
Foto: Concello da Coruña

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García, participaron este martes no Pazo de María Pita na recepción aos e as participantes do simposio internacional 'Transforming cities, enhancing well-being: innovating with nature-based solutions', que se celebrará desde hoxe e ata o venres na Coruña. 

O rexedor deu a benvida ao grupo, que xuntou a expertas e expertos procedentes de Brasil, EEUU, Grecia, Italia ou Irlanda, entre outros, e que estiveron acompañados polo profesor de Psicoloxía Social e Ambiental da UDC Ricardo García Mira. "Temostan claro que estamos enfrontando un desafío global sobre o medio ambiente como que os concellos teñen un papel moi importante que desempeñar sobre o seu futuro", descatou Ferreiro na súa intervención.