Novos vehículos para a Policía Local e Protección Civil

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/03/2018 - 00:43 / Etiquetas: concello da coruña, policia local
Foto: Concello da Coruña

 

Os corpos da Policía Local e de Protección Civil contan, desde onte, con dous novos vehículos na súa frota. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou esta mañá os novos furgóns que se incorporan ao parque móbil municipal e que servirán para reforzar a atención en accidentes e eventos multitudinarios, así como mellorar as condicións de traballo do persoal.

O primeiro dos vehículos é un furgón Mercedes Sprinter para o equipo de Atestados de tráfico da Policía Local. Entre as prestacións do novo vehículo, no que o Concello vén de investir 65.500 euros e que facilitará o traballo dos membros do departamento no seu interior, inclúe distintos sistemas de control e seguridade, e unha zona de traballo que permitirá a colocación dunha mesa desplegable, butacas, unha mesa de traballo anclada ao piso, papeleiras e armarios. “Fíxose a demanda do personal, que deseñou o interior para que cumpra coas súas necesidades, con todo accesible e nunha cabina”, explicou. Todo o mobiliario será de tablero MDF, hidrófugo e anti-poros, que presenta unha alta durabilidade e resistencia. Ademais, os cristais das ventás laterais serán tintados --de xeito que permitirán a visión cara ao exterior desde a zona da oficina-- e o vehículo incluirá diversas fontes de iluminación e megafonía.

O segundo vehículo que se incorpora esta semana á frota municipal é un furgón Peugeot Bóxer 335 L2 de tres prazas, destinado a transporte de hospital de campaña para o servizo de Protección Civil e que se atopa totalmente equipado deste tipo de material. Este turismo, que ten un sistema de carga solar e no que o Concello investiu 31.000 euros, “terá unha utilización fundamental en operativos de emerxencias e tamén en preventivos, como poden ser os de grandes eventos como San Xoán ou o Maratón Coruña42”, como apuntou a concelleira.

A presentación tamén serviu para dar a coñecer o novo dispositivo mCam que se incorporará a dous turismos da Policía Local --un rotulado e outro sen rotular--. A través dunha aplicación móbil conectada á base de datos da Dirección Xeral de Tráfico, informará da situación administrativa do vehículo ao seu paso, o que axudará ao corpo municipal “a controlar que os vehículos da cidade estean en boas condicións, con seguro e ITV”, indicou Fraga.

Temporal

A concelleira de Seguridade Cidadá fixo tamén balance esta mañá das actuacións relacionadas coa alerta de temporal que se produciu esta fin de semana pasada, e que conlevou un total de 65 intervencións da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. “A maioría estiveron relacionadas con valos e sinais e ningunha fixo danos reseñables”, sinalou Fraga, que apuntou que a maioría delas producíronse durante a noite. A edil expuxo que o temporal afectou á cidade “só en determinados puntos” pola dirección do vento, “dado que o cando o vento sopla de sur ou suroeste non afecta tanto á cidade, que queda a cuberto”. As actuacións máis importantes foron as relacionadas coa caía dunha árbore e varias antenas sobre vehículos, así como unha saída para asegurar un andamio nun undécimo piso. O goberno local abriu xa os parques da cidade e está previsto que cara ao final do día se abran os accesos ás praias da cidade.