O alcalde reivindica a vontade do goberno local de cooperar na construcción da área metropolitana

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 03/05/2018 - 14:15 / Etiquetas: área metropolitana
Foto: Concello da Coruña

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu esta mañá ao seu homólogo en Cornellà e vicepresidente executivo da Área Metropolitana de Barcelona (AMB), Antonio Balmón, quen estará até mañá na cidade, acompañado do xerente do ente supramunicipal, Ramón Torrá, para trasladar a experiencia catalá e analizar as potencialidades e oportunidades da futura área coruñesa. Ademais de reunirse co rexedor coruñés, Balmón tamén participa, a esta hora, nunha xuntanza de traballo cos e coas concelleiras do grupo de goberno. A xornada do xoves completarase, ademais, cunha reunión co grupo de xuristas de Universidade da Coruña (USC) que realizaron, por encarga do Concello, varios documentos sobre os distintos pasos a dar na constitución do ente metropolitano. A respecto da axenda institucional desta xornada, o primeiro edil lamentou que tan só o voceiro socialista acudise esta mañá a entrevistarse con Balmón, a pesar de que Ferreiro convidou aos e ás representantes de todos os grupos municipais. A este respecto, reivindicou a vontade do goberno local “de tender pontes, cooperar e negociar en todos os grandes retos da cidade”. “E isto, por suposto, inclúe tamén a construción da área metropolitana da Coruña”, apuntou. “O goberno local sempre trata de ser inclusivo e de negociar nos grandes asuntos da cidade. No tema da área metropolitana, elaboramos informes, falamos cos e coas voceiras, plantexamos aos grupos que fagan as súas achegas... Non obstante, a día de hoxe, o número de liñas escritas presentadas polo PP para contribuír ao debate da área na Coruña é igual a cero”, lamentou. “Hoxe, que temos un convidado no Concello, cremos que o menos que poderían facer, por cortesía, é pasar a saudar”, engadiu, á vez que reflexionou sobre a súa actitude con respecto ao Foro Cidadán Tecendo Litoral. “Organizamos un acto no que se invita a todo o mundo, no que hai representantes de distintas administracións, de sindicatos, da confederación de empresarios, da federación de asociacións de veciños, da universidade... O grupo local do PP pasa a fin de semana ridiculizando o evento, pero logo se queixan de que non os invitamos a participar nun acto no que se analizan as conclusións do Foro no que non participaron”. “Nos grandes temas da cidade o que menos importa é quen ten a iniciativa política. Até o de agora non escoitei ningunha palabra sobre que constituír unha área metropolitana fose unha mala idea. Creo que propuxemos unha boa idea e todos debemos traballar nesa liña”, comentou.

A este respecto, o propio Balmón comentou, nunha comparecencia ante a prensa, a importancia de actuar máis alá de temas partidistas no que atinxe á construción dos espazos metropolitanos. “Hoy en día es necesaria una mirada más amplia, que nos permita tener una visión estratégica y compartida sobre distintos temas, como es el caso de las políticas sociales o de la movilidad, que es un derecho, lo mismo que la sanidad o la educación. Existen muchísimas intervenciones que saltan los límites del territorio, y ese escenario de consenso puede ser marcado por la propia Área Metropolitana”, comentou. “El área debe ser un punto de encuentro, de consenso y de construcción. Así es como lo diseñamos en Barcelona. Los espacios metropolitanos que funcionan son aquellos que superan la rivalidad política. Hoy acudimos aquí a compartir una experiencia de organización técnica pero, a la vez, de gran responsabilidad política”, explicou.

Reunión coa Mesa de Alcaldes e Alcaldesa

A axenda da segunda xornada de visita de Balmón ao Concello, este venres, contempla unha reunión cos alcaldes e alcaldesa metropolitanos co obxectivo, segundo apuntou o alcalde, “de compartir esa experiencia de conformación da área de Barcelona”. O mandatario local indicou que, para tal cita, aproveitarán a reunión da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa prevista para mañá na que, posteriormente, e xa sen a presenza dos representantes da AMB, abordaranse distintos asuntos relacionados, entre outros, co transporte metropolitano. Por outro lado, tamén está previsto que Ferreiro e Balmón manteñan unha entrevista co alcalde da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.