O Aquarium Finisterrae celebra o 21 de xullo un concerto de David Vázquez e Yellow Belly

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 20/07/2018 - 00:24 / Etiquetas: Aquarium finisterrae

 

O sábado 21 de xullo, ás 20:30 horas, terá lugar na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae un concerto de David Vázquez e Yellow Belly. O programa incluirá temas pop e trip hop con base electrónica nas que as voces, guitarras e baixo xogan un papel importante. Unha boa mostra do son que propoñen Yellow Belly e David Vázquez apréciase neste enlace: https://youtu.be/P407fdMm0Yo

A colaboración entre David Vázquez e Yellow Belly comezou coa gravación de Coming Home, un tema creado para axudar ás vítimas do furacán María, que arrasou Porto Rico o ano pasado. A difusión de Coming Home correu a cargo da BBC, que tamén rodou un vídeo oficial.

Animados polo éxito desta colaboración, en 2018 os artistas publicaron xuntos o sinxelo Still e o EP Overthought. Durante o mes de agosto, Yellow Belly visitará Galicia para presentar os seus traballos con David Vázquez. Sábado 21 de xullo de 2018, ás 20.30 horas