O CMIX organiza este xoves 28 un encontro coa ‘cicloviaxeira’ Iria Prendes

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 28/06/2018 - 00:56 / Etiquetas: concello da coruña, Móvete

 

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), promove mañá, xoves 28, un Encontro viaxeiro coa xornalista coruñesa Iria Prendes. A proposta forma parte do programa Móvete, que ten como obxectivo afondar nas oportunidades de mobilidade dispoñibles para mozas e mozos.

Prendes percorreu en bicicleta, no ano 2014, 12.000 quilómetros en América do Sur de maneira autosuficiente, 9.000 deles en solitario. Durante a súa viaxe, pasou por cinco países até chegar a Ushuaia, en Arxentina, o extremo máis austral do continente. No encontro deste xoves, que terá lugar ás 19.00 horas no auditorio do Fórum Metropolitano, a coruñesa trasladará ao público a súa experiencia como biciactivista, que se pode seguir tamén no blog www.unavidanomada.com. Ademais, a xornalista impartirá o vindeiro 5 de xullo un obradoiro gratuíto de iniciación ao mundo das viaxes en bicicleta, cuxa inscrición permanecerá aberta até o 3 de xullo na páxina web do CMIX, www.coruna.gal/cmix .

Para máis información sobre o programa Móvete e as súas actividades --nas que se inclúe o c ertame de fotografía Viaxarte-- pódese visitar tanto o web do CMIX como as súas instalacións no Fórum Metropolitano, ou no teléfono 981.184.294.