O PSOE critica que a cinco semanas do Noroeste Pop Rock ainda non coñecemos o cartel do festival

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 12:56 / Etiquetas: PSOE Coruña, Nororeste

 

O PSOE critica que a cinco semanas de celebrarse o Noroeste Pop Rock os coruñeses e coruñesas aínda non coñecemos o cartel do festival. E máis, das 140 bandas que anunciou o Concello que van actuar, apenas se coñecen 40 bandas segundo a páxina web oficial do festival. Onte presentáronse algunas formacións, pero son de pago en recintos pechados.

Os socialistas consideramos moi desafortunado que non se coñezan os grupos que actuarán o venres 11 e en sábado 12 no escenario principal do Festival, na praia de Riazor. O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, confirmou o ano pasado que quería que o Noroeste Pop Rock entrase nos circuítos de festivales. E quería que o Festival tivese incidencia na hostelería e o turismo da cidade.

O concelleiro socialista, Fito Ferreiro, considera que si queremos que o festival repercuta na cidade, na súa hostelería e hotelería, o cartel ten que ser presentado con varios meses de antelación, como fan os grandes festivales. 

Un festival que queira atraer público do resto do Estado, do noroeste da península e de Portugal ten que presentar o cartel como moi tarde a principios de maio. E debe ter como cabeza de cartel a algún grupo exclusivo no festival e con suficiente tirón para atraer ás 30.000 e ás veces máis persoas por edición que se reunían no arenal de Riazor para escoitar Rock and Roll nos tempos anteriores á chegada ao goberno da Marea Atlántica.

É tarefa imposible entrar no circuito de festivales si a menos de dous meses non se coñecen os cabeza de cartel do festival. Calquera dos festivales de Galicia e de España que queren atraer ao público xa teñen o cartel pechado e presentado e publicitado.

Resurrection Fest, que se celebra en xullo en Viveiro, ten cartel desde finais do 2017; o Son do Camiño en Compostela, desde fai catro meses; o Festival da Luz, que se celebra en setembro en Boimorto, ten desde fai meses o cartel pechado; o Atlantic Fest na Illa de Aurosa, desde fai dous meses; o Son Rías Baixas en Bueu, e que se celebra en agosto, ten pechado o cartel, e tamén o Portamérica de Caldas de Reis leva meses co cartel pechado. Tamén os grandes festivales estatais teñen pechado os carteis desde principio de ano.

Os e as afeccionadas aos festivales organizan as viaxes con bastante antelación para viaxar dunha forma máis económica, ademáis esta é unha época do ano en que existe unha gran competencia de festivales. Si queres competir tes que traer uns cabezas de cartel atractivos, diferentes aos outros festivales e presentalos coa suficiente antelación para que os e as afeccionadas poidan encaixalo nas súas axendas.

Si queremos que no escenario da praia supérense os 15.000 afeccionados en cada xornada, os grupos que actuasen tiñan que anunciarse coa suficiente antelación e que estes grupos sexan atractivos dentro das liñas do festival. Este ano o Festival Noroeste chega tarde para incorporarse á ruta dos festivales e para axudar ao turismo e a hostelería da cidade. 

E este ano o Goberno Municipal conta cos orzamentos aprobados desde principios de ano, polo que non pode botar balóns fora e culpar ao PSOE do retraso da programación.

Ademáis, falando das festas, os socialistas pedimos unha ampliación do plantel do IMCE a través dunha RPT ou outra fórmula, pois nestes momentos a carga de traballo que soportan supera os límites lóxicos das ordenanzas de saúde laboral.