O Teatro Colón acolle este domingo a fusión danza galega e o flamenco co espectáculo ‘SON’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 03/06/2018 - 00:12 / Etiquetas: teatro colon

 

O Teatro Colón da Coruña acollerá este  domingo 3 de maio desde as 20:00 horas o espectáculo da compañía Nova Danza Galega, “SON”, en que a mestura das danzas galega, española, contemporánea e máis o flamenco, achegan a vangarda das novas tendencias coreográficas até a cidade herculina.

Coproducido polo AGADIC ao través do Centro Coreográfico Galego, o espectáculo nace da unión do coreógrafo e director da compañía Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez e Carmelo Segura, quen ao través das súas coreografías preséntanos unha historia de diversidade e folclore cunha clara visión de vangarda.

Integrado por até por catro estilos diferentes de danza – baile tradicional galego, danza española, flamenco e danza contemporánea- o innovador espectáculo de Nova Danza Galega fusiona diferentes danzas para dar lugar un dos espectáculos máis vibrantes e conmovedores do ano 2018.

A compañía galega vén de representar “SON” en diferentes países latinoamericanos como son  Perú, Colombia ou México, obtendo unha grande acollida por parte do público, ademais  de ter xirado por algunas das principais cidades europeas, como son Roma ou Madrid.

Durante este periplo, o espectáculo “SON” consegueu acadar un bo respaldo da crítica, espertando o interese de múltiples medios de comunicación e mesmo chegou a ser convidado para a actual edición do programa Fama, a bailar!, para seren representado.

A compañía Nova Galega de Danza obtivo na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) o Premio do Público ao Mellor Espectáculo, estando así mesmo nominado no 2018 ao Premio MAX do Público dentro da categoría mellor Espectáculo de Danza.