O Teatro Rosalía de Castro acollerá o vindeiro 30 de xuño a xornada de divulgación ‘Naukas Coruña 2018’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 14/05/2018 - 00:33 / Etiquetas: concello da coruña, teatro rosalía de castro

 

Os Museos Científicos Coruñeses e a asociación Naukas impulsan unha nova edición da xornada de divulgación científica Naukas Coruña 2018, que se celebrará o vindeiro 30 de xuño no Teatro Rosalía de Castro. A iniciativa inclúe nove charlas vinculadas ás grandes viaxes da historia no eido científico, tema central deste ano. Así, desde as 10.00 horas, e até as 20.00 horas nove persoas convidadas ofrecerán parladoiros vinculados a fitos como a odisea da primeira base científica no Ártico, ou dúas que tiveron no porto coruñés o seu punto de partida: a expedición Balmis da vacina da varíola, na que participou Isabel Zendal, e a viaxe na que Alexander von Humboldt sentou os alicerces de distintas disciplinas da ciencia moderna, como a botánica ou a climatoloxía. As sesións da tarde terán un marcado carácter de ciencia en feminino, con parladoiros sobre figuras de mulleres aviadoras e astronautas, e charlas nas que se abordará a carreira profesional das mulleres no ámbito científico e da emprendemento.

A xornada Naukas Coruña 2018: Grandes viaxes terá carácter gratuíto, pero será necesario formalizar a reserva de praza para poder participar. O prazo de apertura de solicitudes, que se poderá realizar a través da plataforma http://naukascoruna2018.eventbrite.es , comezará o mércores 16 de maio ás 10.00 horas.