Preocupación polos terreos da Maestranza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 00:00 / Etiquetas: Concello A Coruña

O goberno local trasladou este xoves a súa preocupación ao delegado do goberno, Javier Losada, a respecto da posibilidade do inicio da tramitación da venda, por parte do Ministerio de Defensa, de dúas parcelas da Maestranza sacadas a subasta polo anterior goberno estatal. Do mesmo xeito, o executivo municipal remitiu á ministra de Defensa, Margarita Robles, unha carta na que puxo de manifesto a súa disposición a buscar unha solución para estes terreos que garanta o seu uso e disfrute por parte da cidadanía.

O goberno da Coruña deixou patente na citada misiva a súa confianza en poder atopar unha saída que permita incorporar estas parcelas ao patrimonio municipal.