Responsables municipais visitan as obras de Riazor
- Regístrese para enviar comentarios
- 546 lecturas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como os concelleiros de Rexeneración Urbana e Deporte, Xiao Varela e José Manuel Sande, visitaron este mércores o estadio municipal de Riazor, onde o Concello acomete as obras de reforma e conservación da cuberta e as estruturas metálicas do recinto, un proxecto que ten un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.
Os responsables municipais visitaron a obra logo de que a pasada semana comezase o montado das vigas de celosía da nova cuberta, correspondentes á bancada de Preferencia, onde tamén se iniciaron as obras de tensado das barras dos tirantes que ancorarán a nova cuberta.
Tanto Ferreiro, como Varela e Sande, amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento das obras, así como polos tempos de realización, que coinciden coa folla de ruta marcada polo Concello.