Esta tarde recomezarase a busca co apoio de efectivos da Guardia Civil

Imagen de Gabriel Lamela
Autor: Gabriel Lamela / Fecha: Dom, 01/04/2018 - 15:38 / Etiquetas: rocio fraga, Concellería de Igualdade, Praia de Riazor

Os traballos de búsqueda continúan activos na praia de Riazor, onde o pasado xoves desapareciu unha moza de 22 anos que viaxara dende Ourense con dous amigos para asistir a un concerto. A rapaza quixo darse un baño e o mar, que naquel momento se encontraba revolto, arrastrouna sen deixala volver á orilla.

Hoxe, terceiro día dende a desaparición, a concelleira de Igualdade, Diversidade e Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, volveu a falar ante os medios de comunicación, informando do estado do dispositivo despregado para encontrar á moza.

A meteoroloxía e o estado do mar, permitiron que os mergulladores do corpo de bombeiros e da cruz vermella puideran prolongar a busca durante toda a mañá. Esta previsto que recomecen as labores pola tarde, coa axuda de efectivos da Guardia Civil.

Esta noite procederase ó retiro do posto de mando situado na coiraza de Riazor e se non hai novidades na busca, procederase a executar rastreos durante toda a semana próxima, coa esperanza de encontrar por fin á rapaza desaparecida.