abanca

ABANCA gaña 247 millóns, avanza o 8,1% nos ingresos recorrentes e alcanza una rendibilidade do 11,8%

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 27/07/2018 - 00:23 / Etiquetas: abanca

 

ABANCA obtivo no primeiro semestre de 2018 un resultado neto de 247 millóns de euros, un 7,8% máis que no mesmo período de 2017. Isto supón unha rendibilidade ROE do 11,8%, que se sitúa entre as máis destacadas do sector. Este resultado está baseado nun destacable crecemento da marxe básica, que crece un 8,1% e segue incrementado a súa achega á conta de resultados.

ABANCA e a Federación de Libreiros de Galicia impulsan o crédito ao pequeno comercio

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/07/2018 - 10:40 / Etiquetas: abanca, Librerías

ABANCA e a Federación de Libreiros de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración en materia financeira que permite facilitar o crédito a autónomos e pemes que exercen a súa actividade neste sector.

A presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, María Pilar Rodríguez Álvarez, e o Coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en A Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira, rubricaron en Santiago un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co comercio tradicional de Galicia.

A Deputación da Coruña e ABANCA renovan o Plan Activamos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 29/05/2018 - 00:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, abanca

 

A Deputación da Coruña e ABANCA subscribiron esta mañá un acordo que supón a renovación para o ano 2018 do Plan Activamos, iniciativa lanzada en 2014 por ambas as entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia. A renovación do Plan por un ano máis supón a posta a disposición das pemes e autónomos, as familias e as corporacións locais coruñesas dunha nova partida de 50 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes.

ABANCA e a Federación Galega de Comercio dan un impulso á competitividade dos negocios

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 25/04/2018 - 12:32 / Etiquetas: abanca, Federación Comercio

 

ABANCA e a Federación Galega de Comercio (FGC) avanzan na súa estratexia conxunta de apoio aos negocios de proximidade. O banco e a asociación que agrupa aos comerciantes da comunidade renovaron hoxe en Santiago a súa histórica colaboración, que incorpora novas opcións de financiamento dirixidas a asociados e clientes.

Fitch mellora a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 28/03/2018 - 00:26 / Etiquetas: abanca, Fitch

 

A axencia de cualificación Fitch Ratings mellorou a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva. O aumento da calidade dos activos e da rendibilidade recorrente, así como a expectativa da axencia sobre a continuidade desta mellora nos próximos meses, foron, segundo indica a calificadora, claves para esta decisión.

ABANCA permite aos seus clientes xestionar os seus seguros e realizar transferencias inmediatas desde o móbil

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/03/2018 - 12:53 / Etiquetas: abanca, APP

 

ABANCA vén de lanzar unha nova versión da súa aplicación de banca móbil que incorpora novas funcionalidades coas que a entidade financeira aumenta as xestións que os seus clientes poden facer comodamente desde os seus teléfonos móbiles.

A actualización da banca móbil vai permitir consultar desde o teléfono os datos básicos dos seguros que o cliente teña contratados con ABANCA. Na pantalla, dunha soa ollada, poderá ver os seguros e o detalle da Tarifa Plana que posúa en ABANCA.

ABANCA e Marsh presentan o "Informe de Riscos Globais 2018"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 00:47 / Etiquetas: abanca

 

ABANCA e Marsh, líder mundial en corretaxe de seguros e xestión de riscos, presentaron este mércores en Santiago de Compostela o ‘Informe de Riscos Globais’ do Foro Económico Mundial de Davos, un dos documentos de referencia a escala mundial na análise dos retos xeopolíticos, sociais, económicos, ambientais e tecnolóxicos aos que se enfronta o planeta.

ABANCA entrega máis de 4 toneladas de productos ao Banco de Alimentos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 28/12/2017 - 05:41 / Etiquetas: abanca, banco de alimentos

 

ABANCA entregou ao Banco de Alimentos máis de 4,6 toneladas de produtos doados polo seu persoal durante a campaña do Nadal.

A acción solidaria levouse a cabo en todas as territoriais galegas da entidade financeira, onde se entregaron alimentos durante as ceas de Nadal celebradas ao longo do mes nas territoriais da Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

ABANCA entrega a Cáritas e Aldeas Infantiles SOS máis de 4.100 xoguetes

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 22/12/2017 - 13:41 / Etiquetas: abanca, juguetes

 

A iniciativa solidaria de recollida de xoguetes de ABANCA, ‘A ilusión crece cando se comparte’, conseguiu reunir en total máis de 4.100 xoguetes desde que se puxo en marcha o pasado 11 de decembro. Todos eles serán entregados a Cáritas na Coruña e a Aldeas Infantiles SOS en Vigo, que se encargarán de repartilos entre nenos e nenas de familias galegas con menos recursos durante este Nadal.

ABANCA presenta a súa nova oficina na Praza de Lugo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/12/2017 - 09:00 / Etiquetas: abanca, Praza de Lugo

 

ABANCA presentará este martes a súa nova oficina na Praza de Lugo de A Coruña. Tras ser sometida nos últimos meses a un profundo proceso de renovación, a nova oficina de ABANCA converteuse nun referente en dixitalización e novas tecnoloxías dentro da rede da entidade financeira no conxunto de España.

O evento contará coa presencia de Gerardo Fuertes, director da Territorial Coruña de ABANCA, e Regino Barbeito, director da oficina, que explicarán, en formato visita guiada, as principais características deste novo espazo de atención e servizo ao cliente.

ABANCA pone en marcha la campaña " A ilusión crece cando se comparte"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 08/12/2017 - 06:34 / Etiquetas: abanca, Navidad Juguetes

 

ABANCA Obra Social pone en marcha la campaña ‘A ilusión crece cando se comparte’ por cuarto año consecutivo para recoger juguetes en beneficio de las familias más desfavorecidas estas Navidades. Para facilitar las donaciones, la entidad habilitará dos locales en A Coruña (Calle Real, 71) y en Vigo (Gran Vía, 5), que permanecerán abiertos del 11 al 22 de diciembre.

ABANCA es premiada por su campaña "Superpoderes para todos"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 07/12/2017 - 11:57 / Etiquetas: abanca

 

La campaña “Superpoderes para todos” de ABANCA ha sido reconocida en la 88ª edición de los Echo Awards celebrados en Nueva York (Estados Unidos). La acción publicitaria, creada por Shackleton para la entidad financiera, ha obtenido un Echo de bronce en la categoría “Best use of direct mail”, así como dos menciones especiales en los apartados “Financial products and services” y “Best Customer-Centric Campaign”.

ABANCA plantará 4.608 árboles para recuperar el bosque gallego

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 04/12/2017 - 13:33 / Etiquetas: abanca, Bosque Gallego

 

ABANCA ha presentado hoy la campaña solidaria que acaba de poner en marcha en todas sus oficinas de Galicia y online en la web www.unhanovaarbore.com para recaudar fondos y ayudar a la reforestación del monte gallego afectado por los incendios del pasado mes de octubre.

La entidad financiera ha decidido transformar su campaña navideña en una acción solidaria y plantará 4.608 árboles, uno por cada empleado, para recuperar las zonas quemadas.

Páginas