Atención Telefónica

A consulta telefónica do Sergas incrementa preto dun 13% a súa actividade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 30/03/2018 - 06:51 / Etiquetas: sergas, Atención Telefónica

 

As consultas telefónicas en atención primaria ascenderon a un total de 2.557.567 durante o ano 2017, o que supón un incremento do 12,95% con respecto ao ano 2016, con 331.218 máis. Esta modalidade de consulta, que escolle o propio paciente, tivo unha importante acollida entre os usuarios do Servizo Galego de Saúde tal e como reflicten o número de solicitudes en aumento.