Bono Social

A Xunta destina 2,2 millóns de euros o Bono de alugueiro social

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 10/01/2018 - 16:39 / Etiquetas: Xunta de Galicia, Bono Social

 

A Xunta de Galicia destina este ano 2,2 millóns de euros a axudas do Bono de Alugueiro Social, incluído no Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á vivenda 2015 – 2020, destinadas a facilitar o pago do alugueiro da súa vivenda a determinados colectivos desfavorecidos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións para 2018.

Xornada de formación sobre o Bono Social

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 09/01/2018 - 15:04 / Etiquetas: deputacion da coruña, Diputación da Coruña, Bono Social

 

A Deputación da Coruña xunto coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) organizan o vindeiro 11 de xaneiro unha xornada de formación sobre o Bono Social. A deputada Ánxela Franco defendeu a enerxía como “servizo social e dereito de todas as persoas” e reclamou a implicación institucional para eliminar a pobreza enerxética.

Xornada formativa sobre os novos requisitos do Bono Social

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 05/01/2018 - 00:15 / Etiquetas: deputacion da coruña, Diputación da Coruña, Bono Social

 

A Fundación Axencia Enerxética da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, organiza unha xornada de formación sobre o Bono Social e os cambios no seu regulamento.

A xornada terá lugar o vindeiro xoves 11 de xaneiro, ás 11.00 horas, na sede da Deputación, situada na avenida do Porto da Coruña.