Brigantias

Nova victoria das Brigantias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 12/03/2018 - 11:14 / Etiquetas: Brigantias, Roller

 

 

O equipo coruñés de Roller Derby As Brigantias sumou este fin de semana unha nova victoria na casa ao gañar por 124 a 90 puntos ás Black Thunders de Madrid.

A pesar da tarde desapracible que se presentou o sábado, o público puido presenciar un emocionante partido de Roller Derby cun encontro no que predominou a forza e a estratexia. Ambos equipos ofreceron un xogo no que sumar puntos converteuse por momentos en tarefa imposible.