cig

A CIG pide clarificar o futuro do sector do biodiésel ante os cambios normativos que están a debate

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 11:25 / Etiquetas: cig

A Federación de Industria da CIG pide que se clarifique o futuro da produción de biodiésel diante dos cambios normativos que se están a formular a nivel europeo, tanto no que ten a ver co levantamento de aranceis á produción estranxeira como no relativo ás posíbeis prohibicións do uso do aceite de palma como materia prima.

CIG-Servizos continúa mañá a campaña contra a substitución de traballadoras por máquinas de autocobro en Zara

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 13:03 / Etiquetas: cig, zara

A CIG-Servizos continuará mañá, xoves 12 de xullo, coa campaña contra Zara España, S.A, na provincia da Coruña, pola decisión da empresa de instalar máquinas de autocobro nas tendas substituíndo así ás traballadoras. Deste xeito, delegadas e delegados da central realizarán un reparto informativo nos comercios de Zara e Lefties de Marineda City, onde este sistema xa comezou a funcionar, para concienciar á clientela das graves consecuencias que iso ten para o emprego.

A CIG reclama a MOVE que cumpra co convenio e subrogue á totalidade do persoal do servizo de salvamento e socorrismo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 05/07/2018 - 13:28 / Etiquetas: cig, MOVE

A CIG reclama a MOVE, que finalmente resultou adxudicataria do contrato de salvamento e socorrismo das praias da Coruña, subrogue á totalidade do persoal contratado para realizar o servizo. Segundo puido coñecer a central sindical -de maneira extraoficial posto que até o momento a empresa non entregou ningunha documentación ao Concello- MOVE vai prescindir dos traballadores e traballadoras sanitarios, pasando a subcontratar este servizo a outra compañía.

A CIG denuncia a desidia da Dirección Xeral de Xustiza ante a inundación do arquivo xudicial da Fábrica de Tabacos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 02/07/2018 - 13:26 / Etiquetas: temporal, cig

O persoal de xustiza que se encarga do arquivo xudicial da Audiencia Provincial atopouse esta mañá con moreas de expedientes enchoupados e esparexidos por todo o soto da Fábrica de Tabacos, a causa da inundación que sufriu o edificio polas choivas desta fin de semana. A pesar deste desastre, nestes momentos só hai dúas persoas (unha técnica e unha auxiliar) tentando organizar, limpar e salvar os expedientes como boamente poden, posto que ningunha persoa con responsabilidade na Dirección Xeral de Xustiza se achegou até o edificio para avaliar o alcance dos danos.

A CIG convoca unha asemblea aberta no Obelisco sobre a folga xeral do 19 de xuño

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 31/05/2018 - 00:56 / Etiquetas: cig, manifestacion

 

A CIG ten convocada unha asemblea aberta mañá, xoves 31 de maio, ás 19:30 horas, no Obelisco da Coruña, para tratar a convocatoria de folga xeral do 19 de xuño. Esta asemblea enmárcase nas accións axitativas que a central sindical está a realizar para informar das razóns que nos levan a convocar a folga e animar a secundala.

A sección sindical da CIG demanda o Concello da Coruña polo uso irregular do sistema de comisión de servizos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 26/05/2018 - 00:33 / Etiquetas: cig, concello da coruña

 

A sección sindical da CIG do Concello da Coruña acaba de presentar unha demanda no xulgado do contencioso-administrativo contra a aplicación irregular por parte do Goberno municipal do sistema de comisión de servizos para a provisión dos postos de traballo. A representación sindical explica que se ben o uso da figura da comisión de servizos para a cobertura das vacantes non é algo novo no Concello, "o certo é que este Goberno estao levando ao extremo, convertendo algo que debería de responder a motivos de urxencia e necesidade en algo habitual".

A CIG da Coruña chama a participar na manifestación deste domingo en defensa de emprego, salarios e pensións dignas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 12/04/2018 - 12:01 / Etiquetas: cig, Manifestación Pensiones

 

A CIG da Coruña compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar da xornada de mobilizacións que terá lugar o vindeiro domingo, 15 de abril, en defensa das pensións públicas e para esixir a derrogación da reformas das pensións, laborais e da negociación colectiva, como única alternativa para termos emprego, salarios e pensións dignas no noso país.

A CIG mobilízase contra a política laboral de Mercadona

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 23/03/2018 - 15:03 / Etiquetas: cig, Mercadona

 

A CIG realizou este venres unha concentración diante do supermercado que a cadea de distribución Mercadona ten no Centro Comercial Marineda da Coruña en rexeitamento á política laboral que aplica a empresa baseada no medo e as represións, e que resulta especialmente agresiva contra as traballadoras e os traballadores que collen unha baixa médica.

Campaña en defensa do sistema público de pensións

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 14/03/2018 - 05:01 / Etiquetas: cig, Pensións

 

A CIG decidiu intensificar a campaña que está a desenvolver en defensa das pensións ante o grave perigo que corre o sistema público como consecuencia da ofensiva do Goberno español do PP e da gran banca para promover os plans de pensións privados. O colectivo de Xubilados/as e Pensionistas convoca até 11 mobilizacións nas sete cidades e en varias vilas do país este xoves día 15 de marzo.

Nova concentración dos traballadores das ambulancias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/03/2018 - 17:37 / Etiquetas: cig, Ambulancias

 

Traballadores e traballadoras do transporte sanitario realizaron unha nova concentración para esixir a apertura da negociación do convenio colectivo, rexeitar as pretensións das patronais do sector de aplicar descolgues e reclamar a intervención da Consellaría de Sanidade, tanto para desbloquear a negociación colectiva como para trasladar á representación do persoal toda a información relativa ás renuncias das empresas ao concurso do 061.

Concentracións en defensa das pensións

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 30/01/2018 - 10:30 / Etiquetas: Concentarción, Pensiones, cig

 

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG ten convocadas para mañá, mércores 31 de xaneiro, concentracións nas sete cidades galegas en defensa do sistema público das pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional.

Na Coruña, a concentración realizarase ás 12 horas diante da Delegación do Goberno (Praza de Ourense, s/n).

A Comisión de Centro do CHUAC denuncia un novo colapso nas urxencias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 03/01/2018 - 12:08 / Etiquetas: chuac, cig, Urxencias Coruña

 

A Comisión de Centro do CHUAC volve a denunciar a situación de colapso absoluto que sigue padecendo o servizo de Urxencias, con decenas de doentes amoreados nos pasillos, onde son atendidos nunhas condicións que rozan o inhumano, ao mesmo tempo que a Xerencia e a Consellería no foron capaces de adoptar ningunha medida que permitise aliviar a situación.

Convocada para hoy y mañana una huelga en la sanidad pública gallega

Autor: Gabriel Lamela / Fecha: Jue, 02/11/2017 - 10:53 / Etiquetas: CIG-saude, cig, huelga, sanidade

La CIG-saúde ha convocado una huelga en la sanidad pública gallega para los días 2 y 3 de noviembre. Desde la Confederación Intersindical aseguran que a lo largo de estos dos días se mantendrán los servicios mínimos para atender "con responsabilidade as situacións que precisen dunha asistencia sanitaria".

Adrián Sotelo presentará su libro “El precariado. ¿Una nueva clase social?” este lunes en el edificio de Sindicatos

Autor: Redacción / Fecha: Dom, 02/07/2017 - 08:03 / Etiquetas: Adrián Soteolo, cig, El precariado
El precariado, ¿nueva clase social? de Adrián Sotelo

El sociólogo y profesor mexicano Adrián Sotelo presentará este lunes en el edificio sindical de la CIG en A Coruña su libro “El precariado. ¿Una nueva clase social?”. El libro, recientemente traducido al gallego por la Fundación Moncho Reboiras, cuenta en con el prólogo del profesor de la Universidade da Coruña, Xosé Manuel Carril, que hará las veces de presentador durante el evento.

Xabier Filgueira reelegido como Secretario General del Sindicato CIG

Autor: Carmen Grimaldi / Fecha: Sáb, 10/06/2017 - 19:00 / Etiquetas: cig, BNG A Coruña
Xabier Filgueira reeligido en CIG

La Confederación Intersindical Galega, CIG, ha reelegido esta misma mañana, durante su congreso comarcal, al sindicalista Xabier Filgueira. El BNG, que también ha participado en la jornada, ha querido felicitar a Filgueira por su nueva reelección, así como a todo el equipo ejecutivo que lo acompañarán en este nuevo periodo.

El Grupo Banco Popular prevé despedir a cerca de 3.000 personas en España

Autor: María García / Fecha: Mié, 28/09/2016 - 20:25 / Etiquetas: grupo banco popular, cig, despidos, rosa conde, coruña hoy
La dirección del Grupo Banco Popular confirmaba este miércoles a la representación social su intención de aplicar una reestructuración de personal que afectará a 2.900 trabajadores y trabajadoras en todo el Estado. Una medida de ajuste que la Sección Sindical de la CIG rechaza completamente.

Más de 8.000 teleoperadores están llamados en Galicia a una huelga de 24 horas

Autor: Jorge Barrio / Fecha: Lun, 11/07/2016 - 08:54 / Etiquetas: huelga, cig, Galicia, teleoperadores, CORUNA

Los más de 8.000 teleoperadores de Galicia están llamados hoy a una nueva nueva jornada de huelga sectorial de 24 horas ante la situación de bloqueo de la negociación colectiva estatal de Contact Center. La negociación del nuevo convenio colectivo, afirman, está bloqueada tras más de 20 meses de reuniones debido, según la CIG, a la intención de la patronal de empeorar las condiciones laborales de este colectivo.