Cinco horas con Mario

O Teatro Rosalía suspende as representacións de ‘Cinco horas con Mario’ por enfermidade da actriz protagonista

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 08:47 / Etiquetas: concello da coruña, Cinco horas con Mario

 

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa da suspensión das funcións programadas no Teatro Rosalía Castro para os días 1, 2 e 3 de xuño do espectáculo Cinco horas con Mario , baseado na novela homónima de Miguel Delibes. A cancelación da obra, que pecha o Ciclo Principal Primavera 2018, prodúcese por enfermidade da súa actriz protagonista, Lola Herrera.