Concello A Coruña

O grupo de goberno levará ao Pleno unha moción que reclama á Xunta que dote ao Punto de Atención Continuada da cidade de persoal suficiente para ofrecer un servizo de calidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 10/09/2018 - 09:44 / Etiquetas: Concello A Coruña

O grupo que sustenta o goberno local trasladará ao Pleno municipal de hoxe unha moción que busca o acordo dos partidos para instar á Xunta de Galicia a manter nos Puntos de Atención Continuada (PAC) persoal suficiente para garantir o correcto desenvolvemento do servizo e unha atención sanitaria de calidade. A moción traslada tamén aos e ás traballadoras dos PAC o apoio da Corporación municipal da Coruña e rexeita a "política de recortes sanitarios que está a levar a cabo a Xunta de Galicia".

Un total de 218 persoas fixeron o Camiño Inglés desde A Coruña no primeiro semestre do ano

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 14:06 / Etiquetas: Concello A Coruña, Camino Inglés

​Un total de 218 persoas fixeron o Camiño Inglés desde A Coruña ata Santiago de Compostela nos primeiros seis meses do ano, segundo os datos solicitados polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña á Oficina do Peregrino. Tal e como sinala o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presidente tamén do ente turístico da Coruña, no ano 2017 expedíronse 120 Compostelas, polo que “o incremento é interesante e demostra que o plan de actuacións que se está a levar a cabo para a promoción do Camiño desde Turismo da Coruña vai dando os seus froitos”.

O transporte público urbano contará dende esta fin de semana co servizo de Paradas Libres na liña do Bus Búho

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 00:43 / Etiquetas: Concello A Coruña

​A Coruña contará dende a madrugada do venres ao sábado co novo servizo de Paradas Libres, implementado dentro da liña do autobús nocturno, e que ten como obxectivo converter o servizo de transporte público nunha ferramenta que facilite ás mulleres a realización de traxectos máis curtos en caso de que perciban inseguridade, así como axudar a que poidan achegarse máis rapidamente a un espazo seguro.

O goberno local pon en marcha no barrio dos Rosales o proxecto para a creación do Bosque das Cinco Illas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 00:03 / Etiquetas: Concello A Coruña

​A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou este xoves o proxecto para a creación dun bosque urbano no barrio de Os Rosales, que terá o nome de Bosque das Cinco Illas (en alusión ás illas de San Pedro) e que conectará co Monte de San Pedro pola súa ladeira sur, creando “unha grande área con calidade ambiental e ecolóxica, baseada nas especies autóctonas, e que poderá ser utilizada pola cidadanía como zona de esparexemento, xogos e descanso”.

Preocupación polos terreos da Maestranza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 00:00 / Etiquetas: Concello A Coruña

O goberno local trasladou este xoves a súa preocupación ao delegado do goberno, Javier Losada, a respecto da posibilidade do inicio da tramitación da venda, por parte do Ministerio de Defensa, de dúas parcelas da Maestranza sacadas a subasta polo anterior goberno estatal. Do mesmo xeito, o executivo municipal remitiu á ministra de Defensa, Margarita Robles, unha carta na que puxo de manifesto a súa disposición a buscar unha solución para estes terreos que garanta o seu uso e disfrute por parte da cidadanía.

O Concello acorda as condicións do préstamo para o financiamento de investimentos dos Orzamentos Municipais de 2018

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 19:07 / Etiquetas: Concello A Coruña, concellería de facenda, eugenia vieito

A Xunta de Goberno local, reunida esta xornada en sesión extraordinaria, deu luz verde ao prego de condicións administrativas que rexerán o contrato de préstamo que o Concello ten previsto asinar para o financiamento de investimentos dos Orzamentos Municipais de 2018 por un importe de 7,9 millóns de euros.

A Coruña recupera a súa quinta bandeira azul nas praias da cidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 16:42 / Etiquetas: Bandeiras azuis, xulio ferreiro, Concello A Coruña, Concellería de Medio Ambiente

O Concello da Coruña contará este verán con bandeiras azuis en todas as súas praias, tras recuperar o areal de Oza esta distinción, que perdeu no ano 2014 debido aos desfavorables resultados das analíticas realizadas ás súas augas. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, congratulouse esta xornada deste feito que, na súa opinión, “referenda o bo facer do goberno local no que atinxe ao coidado ambiental e do espazo público”.

As Escolas Infantís reciben 773 solicitudes para novas incorporacións o vindeiro curso

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 15:35 / Etiquetas: Concelleria de Xustiza Social, Concello A Coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados recibiu 773 solicitudes de prazas para alumnos e alumnas de nova incorporación á Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), que oferta 402 vacantes o próximo curso, unha vez se pechou o prazo de renovación da matrícula para o alumnado actual.

O Concello presenta en Palavea o proxecto de recuperación ambiental do río Quintas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 15:25 / Etiquetas: Concellería de Medio Ambiente, maria garcia, Concello A Coruña

A Concellería de Medio Ambiente organiza un encontro aberto o próximo venres para explicar á veciñanza de Palavea e Santa Gema o proxecto de acondicionamento e recuperación ambiental do río Quintas que porá en marcha o Goberno local e que incluirá traballos de limpeza do curso de auga e as súas marxes, así como a peonalización dunha senda na súa contorna.

A área de Emprego oferta novos cursos sobre redes sociais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 06/05/2018 - 13:16 / Etiquetas: Concelleria de Emprego e Economía Social, obradoiros, Alberto Lema, Concello A Coruña

A Concellería de Emprego e Economía Social ofrece, para este mes de maio, a posibilidade de realizar obradoiros formativos sobre o uso das redes sociais. Os obradoiros, que se dirixen especialmente a persoas emprendedoras, novas empresas así como a todas aquelas persoas interesadas na materia, teñen como finalidade dar a coñecer os principais recursos dispoñibles para potenciar a visibilidade, presenza e reputación en liña, e para así poder acadar mellores resultados comerciais.

O Concello asina un convenio de colaboración coa cooperativa 'Mulleres Colleiteiras'

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 06/05/2018 - 12:28 / Etiquetas: rocio fraga, Concello A Coruña, Concellería de Igualdade e Diversidade

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e a presidenta de Mulleres Colleiteiras Sociedade Cooperativa Galega, Violeta Romero Gabarri, asinaron esta semana o convenio que establece o marco de colaboración entre a administración local e a entidade social coa finalidade de outorgar unha subvención de carácter nominativo para a contratación dunha persoa responsable da xestión da cooperativa, que se dedica á reciclaxe de aceite doméstico e que está formada por mulleres que se atopaban en situación de

O goberno local inicia a renovación do pavemento da praza de Tabacos e da súa contorna

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 29/04/2018 - 13:53 / Etiquetas: xiao varela, Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Concello A Coruña

O Concello da Coruña iniciou esta semana os traballos de renovación e mellora do pavimento na contornada da Fábrica de Tabacos e, de xeito especial, na rúa Avogacía , debido ao deficiente estado no que se atopaba. O responsable municipal da área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, sinala que a medida responde a unha demanda “moi solicitada pola veciñanza do barrio, que vía agravado o estado do pavimento e das súas plaquetas nunha zona de tránsito especialmente denso”.

O Foro ‘Tecendo Litoral’ remata este sábado coa participación de preto de 300 veciños e veciñas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 28/04/2018 - 15:55 / Etiquetas: Concello A Coruña, xiao varela, claudia delso

O Foro ‘Tecendo Litoral’, espazo de participación e escoita activa no que se trata de definir, da man da cidadanía, o futuro e os posibles usos do bordo litoral da cidade, rematará esta xornada de sábado logo de que, segundo as previsións, acudisen ao redor de 300 veciños e veciñas, ademais dunha nutrida presenza de actores institucionais, sociais e económicos da cidade, á marxe dos 19 relatores e relatoras expertas que analizaron outras experiencias relativas aos aproveitamentos de fachadas marítimas no ámbito

O Concello programa actividades de recoñecemento do colectivo LGTBQI

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 22/04/2018 - 15:02 / Etiquetas: Concellería de Igualdade e Diversidade, Concello A Coruña, rocio fraga

A Concellería de Igualdade e Diversidade programa, para os meses de abril e maio, novas actividades de sensibilización e recoñecemento do coletivo LGTBQI. O Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, situado no centro cívico da Cidade Vella, ofrece desde mañá, luns 23, proxeccións, parladoiros e obradoiros abertos á cidadanía “coa finalidade de afondar na visibilidade das diversidades afectivo sexuais”, explica a concelleira Rocío Fraga.

O Concello destaca as melloras de accesibilidade e seguridade en zonas como a Torre ou Zalaeta

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 21/04/2018 - 16:28 / Etiquetas: Concello A Coruña, xulio ferreiro

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o goberno municipal participaron esta mañá nun novo encontro coa cidadanía ‘Dillo ti’, no que deron conta das actuacións de mellora que se están a levar a cabo no barrio de Zalaeta e arredores, nos que, no que vai de mandato municipal, se acometeron numerosas obras sobre a pavimentación, urbanización e accesibilidade en varias rúas da contorna.

Primeiro encontro para definir a xestión e os usos das Naves do Metrosidero

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 14/04/2018 - 20:29 / Etiquetas: Concello A Coruña, Naves do Metrosidero, claudia delso, concellería de participación e innovación democrática

Hoxe tivo lugar o primeiro encontro ​do proceso colectivo posto en marcha polo Concello para definir a xestión e os usos das Naves do Metrosidero. Nel participou a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, cuxo departamento é o que impulsa o proceso.

A concesión de axudas de emerxencia social incrementa nun 25% en tres anos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 14/04/2018 - 13:38 / Etiquetas: Concello A Coruña, Concelleria de Xustiza Social, silvia cameán, axudas de emerxencia social

Dende a Concellería de Xustiza Social e Coidados anuncian que no pasado ano foron concedidas un total de 2.307 axudas de emerxencia social, destinadas a axudar de maneira puntual a persoas ou familias que se atopan nunha situación de necesidade económica grave e urxente, o que suporía un aumento do 25% en comparación co ano 2014.

O executivo presentará unha moción para declarar A Coruña ‘Cidade Libre de Desafiuzamentos’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 08/04/2018 - 16:36 / Etiquetas: Concello A Coruña, Mociones Pleno, IES Elviña, desafiuzamentos

O grupo de goberno local levará á próxima sesión ordinaria do Pleno municipal, que se celebrará este luns, dúas mocións, unha que pretende que A Coruña se declare Cidade Libre de Desafiuzamentos e outra en apoio das reivindicacións das nais e pais do IES Elviña, que solicitan á Xunta de Galicia, como organismo con competencia na materia, que manteña o horario que viña sendo habitual até o pasado febreiro na cafetería do centro educativo.

A Concellería de Emprego oferta talleres gratuítos de manexo de redes sociais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 07/04/2018 - 12:59 / Etiquetas: Concello A Coruña, Concelleria de Emprego e Economía Social, Alberto Lema

A Concellería de Emprego, dirixida por Alberto Lema, ten en marcha distintos talleres formativos destinados á promoción de persoas emprendedoras, empresas e todos aqueles veciños e veciñas interesadas na materia. Entre elas, destacan, con inicio este mes de abril, as clases para dominio de redes sociais

Páginas