Concello da Coruña Regata Bandeira

O Concello acomete a mellora e renovación da senda peonil entre a Falperra e a Ronda de Nelle

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 20/08/2018 - 00:03 / Etiquetas: Concello da Coruña Regata Bandeira

O Concello comezará a acometer esta semana obras de mellora e ampliación da senda peonil que comunica A Falperra (concretamente, dende o antigo lavadoiro) coa rolda de Nelle. Segundo destacou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, "trátase dunha actuación cun orzamento axustado, de algo máis de 36.000 euros, pero co que damos resposta a unha vella demanda da cidadanía, que foi solicitada, de feito, dentro do programa de Orzamentos Participativos".

A segunda edición da regata Bandeira Cidade da Coruña de traiñeiras ampliará o número de xornadas e incorpora a liga feminina

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 24/05/2018 - 00:33 / Etiquetas: Concello da Coruña Regata Bandeira

 

A enseada do Orzán acollerá, por segundo ano consecutivo, a regata Bandeira Cidade da Coruña. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, en calidade de presidente do Consorcio de Turismo, e o presidente da Asociación Clubes de Traineras (ACT), Borja Rodrigo, renovaron esta mañá o convenio de colaboración por tres tempadas asinado no 2017 e que senta as bases da celebración desta competición, que puntúa na liga de traiñeiras, a Eusko Label Liga.