Límites no tránsito por mor da Batalla Naval
O goberno local da Coruña vén de trasladar á veciñanza do perímetro afectado as restricións que se producirán a partires das 23.00 horas, cando se prevé o inicio da celebración, así como consellos de prevención de cara á gozar do espectáculo, que terá unha duración de 25 minutos
A limitación afectará ás vivendas situadas entre os números 68 e 78 de Matadoiro, 1 e 3 de Cantábrico, e 2 e 4 de Santa Teresa.