Diputcaión da Coruña

A Deputación destina 62.000 euros ás obras de reparación da cuberta do claustro de peregrinos do Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/07/2018 - 15:44 / Etiquetas: Diputcaión da Coruña

A Deputación da Coruña investirá 62.065 euros nas obras de reparación integral da cuberta do claustro de peregrinos do mosteiro de Sobrado dos Monxes.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o prior da orde cisterciense de Santa María de Sobrado, Carlos Gutiérrez Cuartango, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, o convenio de colaboración que articula esta achega económica, nun acto ao que tamén asistiu o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, e o deputado responsable da área de Turismo e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira.