Ecohortas

O Concello recibe 133 peticións en dúas semanas para solicitar unha parcela nas ecohortas urbanas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 02/03/2018 - 16:46 / Etiquetas: concello da coruña, Ecohortas

 

Un total de 133 persoas solicitaron a concesión dunha parcela nas ecohortas urbanas situadas nos barrios de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís dende a apertura do prazo, o pasado 16 de febreiro. Todas as veciñas e veciños interesados, así como entidades sociais, teñen ata o día 12 de marzo para facer a súa petición.