Economía Gallega

A economía galega medrou un 3,1% en 2017

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 16:08 / Etiquetas: Economía Gallega, Xunta de Galicia

 

O Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) medrou un 3,1% en 2017 e igualou o seu mellor resultado dos últimos dez anos, segundo reflicten os datos de Contabilidade Trimestral publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estes datos ratifican que a economía galega mantivo a súa fortaleza e mellorou as previsións de crecemento da Xunta cando se aprobaron os Orzamentos para o pasado exercicio, que situaban o incremento no 2,4%.