Elviña

Por qué Estrella Galicia sí e os veciños de Elviña non?

Autor: Erik Dobaño / Fecha: Dom, 12/02/2017 - 10:07 / Etiquetas: Estrella Galicia, Elviña, Urbanismo A Coruña

Cada venres, desde hai máis de douscentos venres, tamén cando hai chaparrada coma este primeiro de febreiro, uns poucos veciños de Elviña sacan pancartas e bandeiras e soben á pasarela de Alfonso Molina na saída da Coruña para berrar que a batalla continúa. Algúns viron como lles tiraron as casas, outros perderon a propiedade das súas. Todo por una operación de especulación urbanística que se chamou parque de ofimática e rematou en porras da policía e grúas de Acciona.