Farmacias

Concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/07/2018 - 11:15 / Etiquetas: xunta, Farmacias

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que convoca o concurso público para a adxudicación das 41 novas oficinas de farmacia recollidas no Decreto 127/2017 do mapa farmacéutico de Galicia. Os aspirantes terán 20 días hábiles para presentar as súas solicitudes, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria que, por primeira vez, resolverase con posterioridade nun acto público que reducirá os tempos para as adxudicacións.