La Manada

O Pleno municipal aproba por unanimidade unha declaración institucional de rexeitamento á sentenza de ‘La manada’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 08:53 / Etiquetas: pleno coruña, La Manada

O Pleno municipal deu luz verde este luns a unha declaración institucional presentada polo grupo de goberno pola que o Concello da Coruña amosa o seu rexeitamento público ante a sentenza da Audiencia Provincial de Navarra polo coñecido como caso de ‘La manada’, ao entender que esta “minimiza e infravalora os feitos ao non consideralos agresión sexual e ao non ter en consideración o agravante de realizarse os mesmos en grupo”.