Pazo Meirás

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás insta o Goberno central a que axilice o proceso de recuperación do inmoble como ben público

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 16:00 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo Meirás

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás acordou na reunión que tivo lugar este mércores na Deputación da Coruña instar ao goberno central a que inicie o proceso xudicial de recuperación do Pazo de Meirás e considere o tema como unha "prioridade política". Solicítalle ao executivo presidido por Pedro Sánchez que imprima no proceso a mesma celeridade que a que nestes momentos se traslada sobre o Valle de los Caídos.