Pediatría

O Sergas aposta por optimizar o modelo actual de atención pediátrica

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 12/07/2018 - 00:02 / Etiquetas: sergas, Pediatría

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou este mércores, no Parlamento de Galicia, que o seu departamento considera necesario un novo modelo de atención pediátrica para o período vacacional que permita afianzar o modelo de atención primaria ás nenas e nenos a través de pediatras. “E o queremos facer por medio deste novo modelo de pediatría, que ten como obxectivo garantir, de forma permanente e estable, a atención pediátrica nos centros de referencia que cubrirán zonas xeográficas máis amplas”, -defendeu Almuiña-.