Reciclaje

Medio Ambiente busca que os galegos interioricen a separación e reciclaxe de envases no seu día a día

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 26/06/2018 - 00:06 / Etiquetas: Xunta de Galicia, Reciclaje

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio márcase o obxectivo de que os galegos interioricen a separación e reciclaxe de envases no seu día a día. Así o trasladou esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, durante a presentación de novas accións de rúa da iniciativa Recicla, respira e supérate. Únete ao reto, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nun total de 15 concellos pola vía da concienciación e mediante diversas accións de impacto na rúa.