Tapas Picadillo

O Concello abre o prazo de inscrición da XV edición do Concurso de Tapas Picadillo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 14/05/2018 - 14:33 / Etiquetas: concello da coruña, Tapas Picadillo

 

O Concello da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que queiran participar na XV edición do Concurso de Tapas Picadillo, que este ano adiantará a súa celebración e terá lugar entre os días 1 e 16 de setembro. O certame, que pon en valor a calidade da gastronomía local e a aposta polo produto fresco dos mercados de proximidade, premia as mellores tapas elaboradas polos locais participantes a través da votación dun xurado e do público.