Tellado

Tellado: "Non é unha casualidade que sexa Galicia a Comunidade que lidera a creación de emprego"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 13:04 / Etiquetas: xunta, Tellado

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá os datos publicados do paro de xullo, nos que Galicia foi a autonomía que rexistrou a maior baixada do desemprego do pasado mes e na que máis subiron as afiliacións. "Non é casual que sexa Galicia, a única comunidade con maioría absoluta e con estabilidade institucional, a que leve liderando a creación de emprego durante os últimos meses", subliñou.

Tellado: “O PPdeG propugnou durante as pasadas semanas neutralidade e liberdade e, coma sempre, cumpriu”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/07/2018 - 16:06 / Etiquetas: pp, Tellado

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que “o Partido Popular de Galicia propugnou durante as pasadas semanas neutralidade e liberdade e, coma sempre, cumpriu”.

Para Tellado, propugnouse a neutralidade “porque os nosos cargos orgánicos, comezando polo noso presidente, foron imparciais en todo o proceso”; ao igual que a liberdade xa que cada afiliado votou o que quixo, “como se pode observar na igualdade dos resultados”. “Onte o Partido Popular deu unha lección de democracia interna, que desde Galicia saudamos e celebramos”, subliñou.