Tormenta

Os servizos de seguridade do Concello atenderon 35 incidencias en locais e vivendas de particulares a causa da tromba de auga

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 02/07/2018 - 00:24 / Etiquetas: concello da coruña, Tormenta

​As intensas choivas caídas no día de onte provocaron incidencias en distintos puntos da cidade, ademais de cortes de tráfico que se foron solventando ao longo da tarde. No momento no que se comezaron a producir os incidentes, o Concello puxo en marcha un dispositivo especial cuxo posto de mando se situou no parque de Bombeiros, composto por este corpo, así como por responsables da Policía Local e de Protección Civil.