UDC

A UDC abre a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas da Coruña e Ferrol

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/07/2018 - 00:03 / Etiquetas: UDC

A Universidade da Coruña abre a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o vindeiro curso 2018-2019. As prazas que se ofertan na Residencia Pública Universitaria de Ferrol son 22, mentres que na Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, da Coruña, son 46.

Alumnos de toda Europa aprenden galego na Universidade da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 02/07/2018 - 13:02 / Etiquetas: UDC

Catorce alumnos de Italia, Alemaña, Polonia, Ucraína, República Checa e de Cataluña e País Vasco estudarán galego este mes na Universidade da Coruña. O curso de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Ligüística, chega este verán á súa décima edición. Ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.

O Mestrado en Banca e Finanzas da UDC consegue a acreditación da CNMV

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 29/05/2018 - 00:50 / Etiquetas: UDC, Máster Coruña

 

O Mestrado Universitario en Banca e Finanzas da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acaba de obter a máxima acreditación da Comisión Nacional do Mercado de Valores, CNMV, que recoñece que os titulados deste mestrado terán a cualificación adecuada para asesorar en servizos e produtos financeiros.

Conferencias de Joaquín Caparrós e José Manuel Aira na Universidade da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 13:49 / Etiquetas: UDC, Conferencia de Caparrós

 

A Área de Deportes da Universidade da Coruña, pertencente á Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, organiza conxuntamente co Comité Galego de Adestradores de Fútbol unha xornada que contará coas conferencias dos adestradores Joaquín Caparrós, do Sevilla F.C.; e José Manuel Aira, do NK Rudes de Croacia.

Construción dun microciclo a partir da análise propia e do rival, será a intervención de Aira, mentres que Caparrós falará sobre o futuro do fútbol.

O Paraninfo da UDC acolle o luns un recital de poesía de César Brandon

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 11:30 / Etiquetas: UDC, Go Talent

 

Con motivo da celebración o pasado 21 de maio do Día Mundial da Diversidade Cultural, a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza o recital de poesía do escritor César Brandon para o estudantado e resto da comunidade universitaria, aberto ao público en xeral.

Unha alumna da UDC viaxa por España investigando a forma de acollida ás persoas refuxiadas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 28/03/2018 - 11:00 / Etiquetas: UDC, Refixiados

 

Leticia Santaballa, alumna do Mestrado de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña está a percorrer España de forma autofinanciada investigando sobre os mecanismos de acollida as persoas refuxiadas. Xa leva recorridas 23 localidades no noroeste, sur e leste da península e durante os meses estivais prevé continuar por Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, La Rioja, Aragón e algunhas cidades de Castilla La Mancha e Castilla León.

Os alumnos do Campus Industrial poderán facer prácticas en Holanda

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 14/03/2018 - 00:33 / Etiquetas: UDC, holanda

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinou este luns un convenio de colaboración con Yvonne María van Hest, directora de Programa na organización Brainport Development dos Países Baixos para que o alumnado e titulados do Campus Industrial da UDC poidan facer prácticas profesionais en empresas do contorno holandés.

Máis de 400 alumnos das tres universidades galegas participan nos Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 14/03/2018 - 00:29 / Etiquetas: UDC, Deportes Universidade

 

A Facultade do Deporte e a Educación Física acolleu nas súas instalacións do campus de Bastiagueiro os XXI Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos que organizou a Área de Deportes da Universidade da Coruña, que dirixe o profesor Juan Fernández.

A Universidade sacará este ano 23 prazas de cátedras

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 00:03 / Etiquetas: UDC, Cátedras

 

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou este mércores a Oferta de Emprego Pública para persoal docente e investigador do ano 2018 que ascende a 10 prazas para profesor contratado doutor; 20 prazas de profesor Titular de Universidade, 3 prazas de profesor Titular de Universidade con praza vinculada no SERGAS e 23 prazas de catedrático de Universidade.

Máis de 600 alumnos de 38 países estudan na Universidade da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 15/02/2018 - 13:45 / Etiquetas: UDC, Erasmus

 

A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a adxunta de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Mercedes Regueiro Diehl deron esta mañá no Paraninfo da Reitoría a benvida institucional aos 246 estudantes estranxeiros que pasarán na Universidade da Coruña o segundo semestre. En total, estudan este curso na UDC 641 alumnos de 38 países, dos que preto de 50 realizan os seus estudos no Campus de Ferrol.

O reitor recibe hoxe o grao de Doutor Honoris Causa pola Tbilisi State University

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 09/02/2018 - 06:27 / Etiquetas: UDC, Universidade Coruña

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá hoxe o nomeamento de Doutor Honoris Causa pola Tbilisi State University (TSU), Xeorxia, nun acto que comezará ás 16:00 horas no que tamén se dará a máxima distinción académica a representantes doutras universidades como San Diego, Berlín, Porto ou Colonia.

Páginas