Violencia Doméstica

Detido en Novo Mesoiro por agredir a súa parella

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 27/12/2017 - 05:08 / Etiquetas: Violencia Doméstica, violencia machista

 

Ás 02:52 horas do día 26, unha patrulla da Policía Local foi comisionada por medio da sala 092 para que acudise a un domicilio da zona de Novo Mesoiro onde, ao parecer, unha muller estaba a ser vítima dunha agresión por parte da súa parella. Unha vez no lugar os axentes actuantes entrevístanse con esta muller, quen manifesta que a súa parella, un home de 44 anos, insultara e ameazara mesmo de morte, chegando a agarrala fortemente dos brazos e a zarandeala, ao mesmo tempo que lle arroxaba unha espumadeira e un estropallo.