xunta

A Xunta adxudica o proxecto para transformar a antiga delegación de sanidade na Coruña no espazo público Amizar

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/04/2018 - 13:27 / Etiquetas: xunta, Amizar

 

A Xunta acaba de adxudicar o proxecto de rehabilitación integral da antiga sede da Consellería de Sanidade na cidade da Coruña á ‘UTE Manuel Vázquez Muíño-Iglesias e Veiga Arquitectos SLP’, por un importe de 110.253,99 euros. Esta actuación transformará no novo Espazo Público Amizar os dous edificios que conforman a anterior delegación –o edificio ‘prisma’ e o edificio ‘óvalo’-, situados ambos na rúa Gregorio Hernández.

A Xunta convoca 24 prazas de emprego público nunha oposición reservada a persoas con discapacidade intelectual

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 09/04/2018 - 11:25 / Etiquetas: xunta, Oposiciones Galicia

 

A Xunta convoca 24 novas prazas de emprego público nunha oposición reservada a persoas con discapacidade intelectual, tal como recolle a convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). As persoas que superen este proceso selectivo pasarán a ser funcionarios da Xunta e traballarán como persoal subalterno na Administración galega.

O Plan galego de conciliación e corresponsabilidade contará con novas axudas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/04/2018 - 08:33 / Etiquetas: xunta, Plan Conciliación

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzoueste xoves a aprobación do I Plan de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, pioneiro nas administracións autonómicas e que contará con axudas para fomentar a conciliación nas empresas, nas familias e nas administracións, entre outros aspectos.

A Xunta adxudica mediante un sorteo sete vivendas de promoción pública en Eirís e Novo Mesoiro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 15/03/2018 - 12:35 / Etiquetas: xunta, Sorteo Viviendas Coruña

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acudiu esta mañá ao sorteo de sete vivendas propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda situadas nos barrios coruñeses de Novo Mesoiro e Eirís. Trátase de catro vivendas situadas na rúa Ribeira Sacra, dúas na avenida de Lamadosa e unha na rúa Javier López López, na zona do Oleoducto, algunhas para aluguer e outras para venda.

A Agadic apoia os músicos emerxentes a través da colaboración co concurso SonidosMans da Fundación Paideia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/03/2018 - 13:11 / Etiquetas: xunta, Mans

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación Paideia Galiza na segunda edición do concurso SonidosMans, destinado a promover o talento musical e a proporcionarlles oportunidades de difusión a solistas e bandas emerxentes.

O Plan Xeral de control tributario da ATRIGA volverá reforzar a loita contra a fraude fiscal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 12/03/2018 - 11:49 / Etiquetas: xunta, Fraude Fiscal

 

O Plan Xeral de Control Tributario para 2018, aprobado pola Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), volverá reforzar a loita contra a fraude fiscal conforme aos principios de xustiza, xeneralidade, igualdade e capacidade económica, ao tempo que aposta por introducir medidas que faciliten o cumprimento das obrigas tributarias, tal como establece o plan publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Ábrese o prazo de admisión nos centros educativos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 00:14 / Etiquetas: xunta, Matriculas Escolares

 

Desde este xoves día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2018/19, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

A Xunta abre este xoves o prazo de inscripción nas listas de emprego temporal da Administración galega

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 28/02/2018 - 16:00 / Etiquetas: xunta, Traballo

 

A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

A Xunta solicita a licenza municipal para a construcción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 22/02/2018 - 00:44 / Etiquetas: xunta, Parque Ofimático A Coruña

 

A Xunta de Galicia presentou este mércores a nova solicitude de licenza municipal para a construción de 40 vivendas de promoción pública nunha parcela da súa propiedade no parque Ofimático da Coruña co obxectivo de licitar no menor tempo posible as actuacións.

Máis de 500 mulleres participan en cursos de defensa persoal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/02/2018 - 11:04 / Etiquetas: xunta, violencia machista

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse onte co presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, para facer balance dos cursos de defensa impartidos por Fegaloita durante o pasado ano e nos que participaron máis de 500 mulleres.

A Xunta ofrece esta actividade, en colaboración con Fegaloita, aos concellos que están adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, e que actualmente engloba a un total de 190 entidades locais.

A Xunta reforzará o personal dos xulgados de violencia de xénero

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 06/02/2018 - 00:03 / Etiquetas: xunta, Violencia de Xénero

 

A Xunta reforzará de xeito inmediato o persoal dos xulgados de violencia contra a muller da Coruña e Vigo, así como os de xurisdición compartida de Ponteareas, Carballo e Viveiro. En cada un deles habilitará unha nova praza. Ademais, a Administración autonómica creará tamén 7 prazas de psicólogos nos servizos de atención á vítima das sete grandes cidades.

O martes abre o prazo de solicitude do programa de unidades formativas na empresa dirixido a desempregados

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 05/02/2018 - 11:25 / Etiquetas: xunta, Desempreados

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe tres programas da área de Emprego para apoiar a formación de persoas desempregadas na empresa, para o financiamento das entidades colaboradoras coa Rede Eusumo e para a promoción e consolidación das organizacións máis representativas da Economía Social. En global, a Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, destina a estas iniciativas máis de 2,4 millóns de euros. Nos tres casos o prazo de solicitude ábrese mañá.

Aumenta a oferta de emprego público en Galicia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 26/01/2018 - 08:05 / Etiquetas: xunta, Oferta Emprego Público

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou onte que o Goberno galego duplicará con respecto ao ano anterior a oferta de emprego público para 2018 coa convocatoria, nos vindeiros meses, de 1.919 prazas en 30 especialidades diferentes, algo que permitirá consolidar Galicia como a comunidade coa mellor taxa de interinidade de España.

A Xunta dá prioridade total á reparación da cuberta do complexo deportivo Agra I

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 23/01/2018 - 10:20 / Etiquetas: xunta, Agra

 

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de iniciar os trámites de licitación para reparar os danos ocasionados na cuberta e no pavimento do pavillón do complexo deportivo Agra I, por mor da cicloxénese explosiva Ana rexistrada o pasado 10 de decembro en Galicia e que alcanzou a boa parte da península, con ventos moi fortes e precipitacións abundantes segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

O programa Erasmus+ ofrece posibilidades para o desenvolvemento de proxectos culturais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 15/01/2018 - 15:21 / Etiquetas: xunta, Erasmus

 

A Unión Europea incide na necesidade do traballo cooperativo e o aproveitamento de sinerxías entre distintos sectores para acadar os obxectivos dos seus programas. Con este motivo, a Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración co Servizo Español para a Internacionalización da Información (SEPIE) organiza hoxe unha xornada informativa para explicarlle ao sector cultural galego as posibilidades de financiamento que os seus proxectos poden ter da man do Eramus+.

Oito liñas de axudas para a mellorar a oferta, os recursos e as infraestruturas turísticas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 15/01/2018 - 13:41 / Etiquetas: xunta, Axudas

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou hoxe en rolda de prensa as liñas de axudas de Turismo de Galicia para o ano 2018, que superan en conxunto os 5 millóns de euros. Trátase de oito programas de subvencións dirixidos ao sector turístico da Comunidade, ás entidades locais e a diversos colectivos que inclúen numerosas novidades e amplían o alcance da pasada edición.

O DOG publica as axudas para o fomento do asociacionismo e á participación das mulleres da comunidade galega

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 08/01/2018 - 12:07 / Etiquetas: xunta, DOG, Mulleres

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o 2018 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e as súas federacións, destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, que este ano achegará un total de 180.000 euros.

Páginas