TEATRO | A nena e o grilo nun barquiño

Cuándo: Xoves, 15 e venres 16 de febreiro | 10:00 e 12:00
Precio: Por inscripción
Entradas:

A obra A nena e o grilo nun barquiño será levada á escena no Auditorio da Sede Afundación da Coruña da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a súa programación de actividades para escolares.

As representacións serán o xoves 15 e o venres 16 de febreiro con dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h.

Máis de 930 alumnas e alumnos de educación infantil de 12 centros escolares da Coruña e arredores acudirán a ver esta produción de Magín Blanco, con integrantes da compañía Teatro dos Ghazafelhos, que mestura música e teatro en galego.

 

|A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO| 

de MAGÍN BLANCO

A nena e o grilo nun barquiño é a segunda parte das aventuras iniciadas polos seus dous protagonistas en A nena e o grilo. É a historia dunha aventura amable e luminosa, máis próxima ao intercambio que á competitividade. Os dous personaxes vivirán unha viaxe na que descubrirán o mundo a través de aventuras que inciden na solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo. Unha produción que mestura teatro e música da man de Magín Blanco que soa a alegría, tradición e contemporaneidade, a Beatles, a estribillos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a guitarras e mesmo a silencio.

 

A proposta enmárcase dentro das actividades educativas para escolares programadas para o curso 2017 – 2018 que teñen como obxectivo reforzar a formación extracurricular que os estudantes reciben nas súas aulas. Así, a programación deseñada por Afundación, a Obra Social de ABANCA, promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo.