Trofeo Miguelito de judo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 28/05/2018 - 08:57 / Etiquetas: Judo, Trofeo Miguelito

 

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, acudiron este domingo á trixésima edición do Trofeo Miguelito de judo. 

Ferreiro destacou que o evento deportivo, "un dos máis importantes de Galicia, é resultado do bo traballo e do dinamismo que se dan no deporte de base da cidade". Neste sentido, incidiu no compromiso do Concello da Coruña con este tipo de iniciativas e co apoio aos clubes e entidades da cidade. 

Ferreiro lembrou que "dentro da responsabilidade que temos de fomentar e facilitar" a práctica e ao tecido deportivo, o Concello puxo por primeira vez ese ano a disposición das entidades o uso das instalacións públicas para adestramentos ou competicións sen que teñan que aboar taxas. Neste liña de apoio, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento aumentou o pasado ano as axudas para os clubes, destinadas á participación en competicións, fomentar deportes tradicionais ou en relación á natureza, ata os 320.000 euros.