Un esturión capturado fronte á costa coruñesa exponse no Aquarium

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 02/03/2018 - 12:15 / Etiquetas: Aquarium finisterrae, esturión

 

O exemplar de esturión europeo (Acipenser sturio) que se presenta no Aquarium Finisterrae foi capturado a unha milla da costa da Coruña en maio de 2017. Foi cedido ao acuario coruñés por Francisco José Padín, patrón do barco pesqueiro "O Ariño", con base en O Grove. O esturión europeo era moi abundante no río Miño, pero desapareceu das augas galegas a principios dos anos sesenta do século pasado.

Actualmente, é unha das especies de peixes migradores máis ameazada de Europa. A análise do espécime capturado, realizado pola Estación de Hidrobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, permitiu constatar que se trata dun individuo criado nas dependencias do IRSTEA (Institut National de Recherche en Sciences et Technologies pour l'Environnement et l'Agriculture) de Burdeos (Francia) e liberado en augas da Gironda no ano 2010, cando tiña un ano de idade.

Horario apertura

Desde o 1 de marzo, e ata o 30 de xuño, o horario de apertura do Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias e Domus será o seguinte: de luns a domingo de 10 a 19 horas (o acceso do Aquarium pecha unha hora antes).

http://www.mc2coruna.org/gl/horarios-primavera.html