Unha vintena de bandas galegas actuarán este mes nas salas Clubtura

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 03/04/2018 - 14:30 / Etiquetas: Clubtura, Estrella Galicia

 

Nunha aposta clara para dar a coñecer a calidade e a creatividade da escena musical galega, o circuíto de Estrella Galicia ClubE levará a unha vintena de bandas da comunidade a dez salas socias de Clubtura ao longo deste mes de abril.

O Jazz Filloa, da Coruña, abrirá a programación mañá coa actuación de Paraphernalia e Iago Mourinho. Na mesma cidade, a Mardi Gras será o escenario o sábado 7 da actuación do Sonoro Maxín e Esposa e o día 12, ClubE chega ao Garufa Club con Sinestesia e Big Lis Gumbo Band.

En Ourense, a sala Auriense acollerá o concerto de MCarballo e Mino y Los Imposibles o próximo 7 de abril; no Arca de Noe, na localidade ourensá de Vilar de Santos, o 15 de abril estarán Talabarte e Andoa Folk. Na Illa de Arousa, poderán desfrutar o día 14 de Zenzar e M.J. Pérez na sala O Con do Moucho.

O circuíto de Estrella Galicia continuará en Santiago de Compostela, o día 19 na sala Momo con Cora Sayers e Mielitza e o día 17 de abril, na Sala Moon actuarán Mad Martin Trio e Los Pontiaks.

A Bianco Sama de Vilagarcía de Arousa terá unha actuación o día 20 con Plan Siberia e Daidermin e o día 26 de abril, ao escenario da sala viguesa Contrabajo subiranse Zamaramandi e Mr. Mou&Mighty Rockers.

Unha das características máis importantes deste ciclo é que da a oportunidade de coñecer a nova creación que se está a vivir en Galicia. Cana noite de ClubE participan dous bandas e sempre, polo menos unha delas, habitualmente pouco coñecida, actúa fóra da súa comarca.