Xornada de Portas Abertas nos Museos Científicos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 12/02/2018 - 11:20 / Etiquetas: Museos Científicos Coruña

 

A celebración da xornada de portas abertas con motivo desta festividad local ofrece á cidadanía unha ocasión para gozar coas exposicións e actividades dos tres centros, así como coñecer as súas novidades máis recentes. 

No Aquarium a nova exposición “Mar de Plástico” presenta 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas. 

Na Casa das Ciencias pódese coñecer a recentemente estreada exposición de fotografía “Ceos galegos”, unha colección de oito imaxes, realizadas por astrofotógrafos galegos, sobre o firmamento enmarcado nalgunhas das paisaxes máis espectaculares de Galicia.

E na Domus o cine 3D ofrece a oportunidade de ver a película “Pequenos xigantes”, unha aventura que revela a asombrosa vida dun esquío que vive no bosque e un rato do abrasador deserto de Arizona que deben loitar para sobrevivir cando se atopan sós por primeira vez na súa vida. Haberá sesións ás 12, 13, 17 e 18 horas.