Residencia

As obras da Residencia Universitaria Elvira Bao entran na súa fase final

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 06/03/2018 - 16:09 / Etiquetas: diputacion, Residencia

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación , Xesús Soto, visitaron está mañá a derradeira fase das obras da primeira residencia universitaria pública da cidade da Coruña. Este complexo porá a disposición da comunidade estudantil desde o vindeiro curso académico 118 prazas de aloxamento.